suevo -va
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos suevos.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo suevo.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Conxunto de pobos xermánicos, inimigos dos romanos, que loitaron tamén contra os pobos gálicos. Ocupaban terras máis alá do Elba, do Báltico a Bohemia, e estendéronse cara a Turinxia e Saxonia. Por causa da presión dos hunos, algúns permaneceron en Suevia e outros atravesaron o Rin e encamiñáronse cara a Occidente (406). Desde a Galia entraron na Península Ibérica xunto cos vándalos e alanos (409). Establecéronse nos territorios máis occidentais da Gallaecia e baixo ordes de Hermerico fundaron un reino independente e federado do Imperio Romano (410). Durante o reinado de Réquila (441-448) ocuparon Lusitania. En 449, Requiario (448-456) converteuse ao catolicismo e enfrontouse aos visigodos de Teodorico I. Foron derrotados polos visigodos preto de Puente de Órbigo (456) e Braga foi destruída pouco despois. O Reino Suevo dividiuse nos conventos Lucense e Bracarense ata que se unificou en 464 con Remismundo (464-469) ao aceptar o arianismo e recoñecer a autoridade superior visigoda. Baixo a influencia de san Martiño de Dumio, Carriarrico (550-559) volveu ao catolicismo, que se converteu en relixión oficial en 559 con Teodomiro (559-570). Andeca (584-585) foi derrotado por Leovixildo e o reino integrouse como provincia no reino dos visigodos.