Suez
Suez
Cidade do NL de Exipto, que constitúe un mu ḥ āfa ẓ a independente (17.840 km2; 417.500 h [1996]). Situada no extremo S do canal de Suez, forma, xunto con Būr Tawfīq e Būr Ibrahim, un gran complexo portuario, con refinarías de petróleo. Foi moi danada durante a Guerra Árabe-israelí de 1967 e, economicamente, polo peche do canal de Suez (1967-1975).