sufrimento

sufrimento

(< sufrir)

  1. s m

    Acción e efecto de sufrir.

  2. [MED/PAT]
    1. s m

      Padecemento, físico ou psíquico, máis ou menos prolongado.

    2. sufrimento fetal

      Estado patolóxico do feto que deriva dun deficiente abastecemento de osíxeno aos tecidos. Pode orixinar lesións irreversibles no sistema nervioso e outros órganos, que poden comportar a morte do feto ou secuelas definitivas. Pódese producir a consecuencia dunha alteración no organismo materno, de complicacións do embarazo, de alteracións do parto ou de anomalías do feto mesmo.

Refráns

  • A besta pola carga e o home pola palabra.
  • A dor ensina a parir.
  • Cada altar ten a súa cruz.
  • Con sufrir todo se alcanza.
  • Mellor é padecer que máis padecer.
  • Moito sofre quen ben quere.
  • Non hai mal onde non hai doro
  • Non padece o que non encanece.
  • Sofre quen penas ten, que un tempo tras de outro vén.
  • Sufre ao mal veciño e libraraste doutro máis maliño.
  • Sufrir con paciencia non é mala penitencia.
  • ¡Benia os que saben sufrir sen ter que chorar!

Palabras veciñas

sufrideira | sufrido -da | sufridor -ra | sufrimento | sufrir | sufruticoso -sa | sufumigación