sufrimento
sufrimento
(< sufrir)
-
s
m
Acción e efecto de sufrir.
-
[MED/PAT]
-
s
m
Padecemento, físico ou psíquico, máis ou menos prolongado.
-
sufrimento fetal
Estado patolóxico do feto que deriva dun deficiente abastecemento de osíxeno aos tecidos. Pode orixinar lesións irreversibles no sistema nervioso e outros órganos, que poden comportar a morte do feto ou secuelas definitivas. Pódese producir a consecuencia dunha alteración no organismo materno, de complicacións do embarazo, de alteracións do parto ou de anomalías do feto mesmo.
-
s
m
Refráns
- A besta pola carga e o home pola palabra.
- A dor ensina a parir.
- Cada altar ten a súa cruz.
- Con sufrir todo se alcanza.
- Mellor é padecer que máis padecer.
- Moito sofre quen ben quere.
- Non hai mal onde non hai doro
- Non padece o que non encanece.
- Sofre quen penas ten, que un tempo tras de outro vén.
- Sufre ao mal veciño e libraraste doutro máis maliño.
- Sufrir con paciencia non é mala penitencia.
- ¡Benia os que saben sufrir sen ter que chorar!