Suído, serra do

Suído, serra do

Aliñación montañosa que cunha dirección N-S e unha altitude media de 989 m, se estende polo límite dos concellos de Avión, Fornelos de Montes, Covelo e A Lama. Acada as súas maiores altitudes en Cotos Cornudos (1.032 m) e no Coto Minuto (1.055 m).