suízo -za
(
-
adx
Relativo ou petencente a Suíza ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Suíza.
-
s
m
Bolo esponxoso que se fai con fariña, azucre e ovo.
-
arte suíza
[ARTE]
Arte desenvolvida en Suíza. A división territorial deste estado en tres cantóns (o rético, o burgundio e o alamánico), condicionou a diversificación estilística das manifestacións artísticas. Ata a época románica, caracterizada pola profusión arquitectónica (abadía de Payerne (s X), igrexa de Saint-Pierre de Clages) e pictórica (artesoado de Zillis), as manifestacións artísticas reducíronse a unha serie de murais carolinxios e a primitivas abadías do s IV. En estilo gótico, ademais da arquitectura civil e militar, foron erixidas as grandes catedrais de Lausanne, Xenebra e Berna, notables ademais polo traballo escultórico. Os pintores C. Witz e H. Fries representaron a transición ao Renacemento, dentro do que traballaron numerosos pintores, desde N. M. Deutsch ata Holbein o Novo. A arte barroca, rica en manifestacións arquitectónicas (igrexa xesuítica de Lucerna) e escultóricas (N. Gessler), prolongouse ata o s XVIII (abadías de Einsiedeln e de Sankt Gallen). O s XIX representou unha auténtica renovación na pintura. Ademais da escola xenebrina (J. L. Agasse, W. A. Toepffer e R. Toepffer), cómpre mencionar a A. Calame, B. Menn, Arnold Böcklin, Ferdinand Hodler, Cuno Amiet, Augusto Giacometti e Félix Vallotton. Na primeira metade do s XX salientaron en pintura Le Corbusier, Paul Klee, Sophie Taeuber-Arp, Louis Sutter, Louis Moilliet, Hans Erni, Max Bill e Gérard Schneider. En escultura sobresaíron A. de Niederhäusern, Carl Burckhardt, Alberto Giacometti, Zoltán Kemeny, Robert Muller, Bernhard Luginbühl, Jean Tinguely e Walter Linck. En arquitectura, acadaron prestixio Le Corbusier, Robert Maillart, Karl Moser, Hannes Maeyer, Max Bill, Walter M. Forderer e Jean Tschumi.
-
cine suízo
[IMAX]
Cine producido en Suíza. Naceu oficialmente en 1958 coa aprobación dun artigo constitucional segundo o cal o estado se outorgaba a capacidade de darlle apoio á produción cinematográfica do país. Isto deu paso a unha xeración de cineastas de fala francesa denominada Grupo dos 5, constituída por Alain Tanner, Claude Goretta, Michel Soutter, Jean Louis Roy e Jacques Lagrange. Na zona xermanófona impúxose unha tradición documentalista (Walter Murti, Richard Dindo), en contraposición a un cine de ficción de marcadas connotacións brechtianas, como é o caso de Thomas Koerfer. En Ticino, a organización do Festival Internacional do Filme de Lugano desde 1971, supuxo a aparición de novos cineastas, como Bruno Soldine, Alvaro Bizzarri ou Villi Herman. Títulos como La salamandre de Tanner, L’invitation, de Goretta ou Der Tod des Flohzirkudirektors, de Koefer, favoreceron unha efémera idade de ouro do cine suízo na década de 1970. Destaca o filme de Rolf Lyssy Die Schweizermacher (1978). A solución da falta de axuda do estado para os nomes consagrados como Tanner e Goretta, foi a coprodución con outros países. Destacan tamén filmes como Reise der Hoffnung (Viaxe da esperanza, 1991), de Xavier Koller, que recibiu o Oscar ao mellor filme estranxeiro, Der Berg (A montaña, 1991), de Markus Imhoof, Le Bourreau (O verdugo, 2004), de Simon Aeby, ou KussKuss (2004), de Sören Senn.
-
música suíza
[MÚS]
Corpo militar ao servizo do Papa, recrutado tradicionalmente en Suíza. Creado por Xulio II (1506), as súas funcións céntranse na custodia persoal do Papa, na vixilancia dos ingresos na Cidade do Vaticano, no servizo á capela pontificia e na custodia do conclave durante a súa celebración. O deseño do uniforme foi atribuído a Miguel Anxo.
-
Arte musical cultivada en Suíza. Punto de confluencia entre a música litúrxica latina e a xermánica, contou con importantes centros musicais, como o mosteiro de Sankt Gallen. Cara aos ss X e XI desenvolveuse a música profana de tipo trobadoresco (minnesänger) e, tras o auxe da música relixiosa durante o Renacemento tivo lugar unha etapa de empobrecemento, a raíz da Reforma. Nos séculos seguintes a música popular desenvolveu os denominados Jodler Kuhreigen ou ranz des vaches, cun fondo satírico. No s XX Suíza recuperou importancia con autores como E. Bloch, É. Jaques-Dalcroze (distinguido tamén en pedagoxía musical) e Frank Martin. Ademais, distinguiuse especialmente a orquestra da Suisse Romande, dirixida durante moito tempo por E. Ansermet, e os festivais musicais de Lucerna, Montreux e Zúric.