Sukarno, Ahmet

Sukarno, Ahmet

Político indonesio. Enxeñeiro, destacou pola súa defensa do nacionalismo, que o levou a fundar (1927) o Partido Nacional de Indonesia. Encarcerado diversas veces polos neerlandeses, foi deportado a Sumatra. Ao rematar a guerra proclamou a independencia de Indonesia (17 de agosto de 1945), pero o goberno neerlandés volveu controlar o país ata a fin de 1949, cando o tivo que abandonar. En 1950 converteuse en presidente da República Unida de Indonesia. O seu poder persoal foi aumentando, ata que en 1959 modificou a constitución e asumiu atribucións ditatoriais. A raíz dun intento revolucionario comunista (1965), perdeu o poder efectivo, e en 1967 foi obrigado a dimitir e foi substituído (1968) polo xeneral Suharto.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Surabaja

  • Deceso

    Lugar : Xacarta