Sukhumi

Sukhumi

Capital da rexión de Abkhazia, Xeorxia (112.000 h [estim 1993]). Situada nos contrafortes suroccidentais do Cáucaso, é un porto no Mar Negro. Primitiva colonia grega, chamada Dioscurias (s V a C), foi conquistada (s I a C) polos romanos (Sebastopol) e pasou aos bizantinos no s VI.