Sulcis

Sulcis

Rexión do extremo SO da illa de Sardeña, situada ao S da rexión de Iglesiente. É bastante montañosa, xa que acada os 1.116 m de altitude no monte Caravius, e presenta en xeral unha costa rochosa, agás no sector occidental, onde domina unha pequena chaira litoral.