sulfamida

sulfamida
s f [QUÍM/MED]

Grupo de substancias que derivan da sulfanilamida, de fórmula xeral -SO2NH2, que se empregan como bacteriostáticos no tratamento de infeccións. A súa acción bacteriostática foi descuberta por Domagk en 1932 ao estudar a acción antiinfecciosa dun grupo de colorantes sobre ratos infectados con estreptococos â-hemolíticos. Un gran número de sulfamidas empréganse como diuréticos inhibidores da anhidrase carbónica, como a acetazolamida, diuréticos inhibidores da reabsorción tubular do cloro e do sodio, e os diuréticos furosemida e a clortalidona. A substitución do grupo N1 das sulfamidas por outros grupos produce variacións moi grandes na súa actividade, especialmente os grupos heterocíclicos que aumentan a actividade e reducen a toxicidade das sulfamidas. O primeiro composto que se empregou en clínica foi o prontosil, cuxo efecto foi estudado por Nitti, Bovet e o matrimonio Trefouël do Instituto Pasteur de París.