sulfanilamida
sulfanilamida
(
s
f
[QUÍM/MED]
Amida do ácido sulfanílico, que se presenta en cristais brancos ou en po, pouco solubles en auga e solubles en solventes orgánicos. Presenta acción bacteriostática e empregouse no tratamento de diversas enfermidades infecciosas, e foi substituída por outras substancias menos tóxicas, debido á certa toxicidade e por aparecer cepas resistentes a ela, ou por antibióticos. A partir delas sintetízanse as sulfamidas, por substitución dun dos hidróxenos.