sulfuro

sulfuro

(

  1. s m [QUÍM]
    1. Composto binario do xofre con elementos máis electropositivos ca el. Os sulfuros dos metais alcalinos e alcalinotérreos son fundamentalmente iónicos e presentan solubilidade na auga, con hidrólise fortemente alcalina. Os sulfuros dos outros metais son insolubles na auga, frecuentemente non estequiométricos, polimórficos e moitos presentan carácter semimetálico ou semellante ao das aliaxes. Moitos destes sulfuros teñen importancia económica, dado que constitúen os minerais dun certo número de metais: o cobre (calcopirita), o ferro (pirita) e o chumbo (galena), ademais os sulfuros dos metais alcalinos teñen aplicación na industria do papel e do coiro.

    2. Dianión de fórmula S 2- , que deriva formalmente do sulfuro de hidróxeno por perda dos dous átomos de hidróxeno da súa molécula. Presenta carácter redutor e é un axente precipitante de ións metálicos.

  2. s m [QUÍM]

    tioéter.

Palabras veciñas

sulfúreo -a | sulfúrico -ca | sulfurilo | sulfuro | sulfuroso -sa | súlido -da | sulky*