sulfuro
(
-
s
m
[QUÍM]
-
Composto binario do xofre con elementos máis electropositivos ca el. Os sulfuros dos metais alcalinos e alcalinotérreos son fundamentalmente iónicos e presentan solubilidade na auga, con hidrólise fortemente alcalina. Os sulfuros dos outros metais son insolubles na auga, frecuentemente non estequiométricos, polimórficos e moitos presentan carácter semimetálico ou semellante ao das aliaxes. Moitos destes sulfuros teñen importancia económica, dado que constitúen os minerais dun certo número de metais: o cobre (calcopirita), o ferro (pirita) e o chumbo (galena), ademais os sulfuros dos metais alcalinos teñen aplicación na industria do papel e do coiro.
-
Dianión de fórmula S 2- , que deriva formalmente do sulfuro de hidróxeno por perda dos dous átomos de hidróxeno da súa molécula. Presenta carácter redutor e é un axente precipitante de ións metálicos.
-
-
s
m
[QUÍM]
tioéter.