súlido -da

súlido -da

(< lat científico Sula)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos súlidos.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da familia dos súlidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ORNIT]

    Familia de aves, da orde das ciconiformes, co corpo de grandes dimensións, semellantes aos gansos pero cun perfil aerodinámico, patas fortes e palmeadas, ás grandes rematadas en punta, cola en forma de cuña e peteiro robusto e en punta. A cor da plumaxe varía entre o negro, o branco e o castaño. Son aves mariñas que se alimentan de peixes.

Palabras veciñas

sulfurilo | sulfuro | sulfuroso -sa | súlido -da | sulky* | Sullana | Sulleiro González, Perfecto