Sullivan, Louis Henry
Sullivan, Louis Henry
Arquitecto. Comezou a traballar en Boston, e despois en Chicago, na oficina de Dankar Adler, con quen se asociou. Xuntos investigaron as posibilidades que ofrecían as estruturas metálicas aplicadas a grandes edificios comerciais e rañaceos, como o Wainwright Building, en Saint Louis (1891), e o Carson Pirie Scott Department Store, en Chicago (1899-1904). Escribiu The Autobiography of an Idea (1924).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Boston -
Deceso
Lugar : Chicago