sultán
sultán
(< ár sulṭān)
s
m
[HIST]
Nome que recibiron os soberanos turcos ata 1924 e outros príncipes islámicos. Durante a época califal o título foi levado a Oriente por diversos soberanos independentes e o primeiro en adoptalo (1055) foi o selxúcida Togrïl Beg. Á caída do califato de Bagdad posuírono tamén os soberanos mongois e os turcos otománs a partir de Baiaceto I (1389).