supositorio
supositorio
(< lat suppositorĭu)
-
s
m
[MED]
Forma farmacéutica sólida que se emprega para a administración de medicamentos por vía rectal. Ten forma de proxectil, xeralmente coa punta oxival e o resto troncocónico, e pesa entre 3 e 0,7 g, segundo sexa para adultos, nenos ou lactantes. Está composto por unha masa de graxa natural ou semisintética, que se funde á temperatura do corpo humano, mesturada co medicamento que vai incorporado nunha proporción inferior ao 30 %. Cando a graxa se funde no recto, o medicamento é absorbido polas veas hemorroidais.
-
supositorio vaxinal
[MED]
óvulo.