suposto -ta
suposto -ta
(< supoñer)
-
p irreg
de supoñer ou supor.
-
adx
Que se considera como certo.
-
s
m
Hipótese que se admite como real ou certa.
-
s
m
[DER]
Presuposto, nas partillas de herdanza, onde son explicadas as operacións da partición.
-
s
m
[FILOS]
Substancia perfectamente subsistente por si mesma e incomunicable que, segundo a escolástica, se diferenza da natureza polo feito de que esta constitúe o suposto en especie, mentres que o suposto constitúe máis ben o individuo concreto.