Šuppiluliumaš I
Šuppiluliumaš I
Rei hitita (1380?-1346? a C), fillo de Tud)alias III. Foi o monarca máis importante do país dos hatti, por razón das súas conquistas en Siria, feitas a expensas de Exipto e, sobre todo, de Mitanni. Contra este último reino e o seu monarca Tušratta librou dúas guerras. Como resultado da primeira (1365? a C), Siria entrou na zona de influencia hitita e no transcurso da segunda (1360? a C), ocupou Waššuganni, capital de Mitanni, o que significou a fin deste grande estado.