sustentar

sustentar

(< lat sustentāre)

  1. v t

    Soster algo ou a alguén para que non caia de maneira que o seu peso descanse nun punto de apoio.

    Ex: As columnas sustentan o teito da igrexa.

  2. v t

    Proporcionar a alguén os medios e condicións necesarias para vivir, especialmente o alimento.

    Ex: Non sabía como ía sustentar unha familia tan numerosa.

  3. v t

    Defender ou soster unha determinada idea ou opinión.

    Ex: Sustenta a idea dun país democrático.

  4. v pron

    Sosterse algo ou a alguén sobre un elemento que lle serve de punto de apoio.

    Ex: O tellado susténtase en varias trabes.

  5. v pron

    Servirse de algo como medio para poder vivir e proporcionar ao organismo o alimento necesario.

    Ex: A familia sustentábase da actividade pesqueira.

Conxugar
VERBO sustentar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sustento
sustentas
sustenta
sustentamos
sustentades
sustentan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sustentaba
sustentabas
sustentaba
sustentabamos
sustentabades
sustentaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sustentei
sustentaches
sustentou
sustentamos
sustentastes
sustentaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sustentara
sustentaras
sustentara
sustentaramos
sustentarades
sustentaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sustentarei
sustentarás
sustentará
sustentaremos
sustentaredes
sustentarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sustentaría
sustentarías
sustentaría
sustentariamos
sustentariades
sustentarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sustente
sustentes
sustente
sustentemos
sustentedes
sustenten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sustentase
sustentases
sustentase
sustentasemos
sustentasedes
sustentasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sustentar
sustentares
sustentar
sustentarmos
sustentardes
sustentaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
sustenta
-
-
sustentade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sustentar
sustentares
sustentar
sustentarmos
sustentardes
sustentaren
Xerundio sustentando
Participio sustentado
sustentada
sustentados
sustentadas