Sutlej ou Satlaj
Sutlej ou Satlaj
Río de Asia meridional, afluente pola esquerda do Indo (1.600 km). Nace co nome de Langchuhe, no Tibet, no lago Tsho Mapham, atravesa o Himalaia e chega a Punjab, onde forma fronteira entre India e Paquistán. Desemboca no Indo preto de Chacharan.