Suvana Fuma
Suvana Fuma
Político laosiano. Venceu nas eleccións de 1951 e 1955 co partido progresista. En 1958 formou un goberno de coalición, que caeu a causa das presións dos clans dereitistas e, aínda que en 1960 volveu ocupar o posto de primeiro ministro, foi derrocado por outro golpe de estado. Presidiu un novo goberno de coalición co seu medio irmán, Sufanuvong (1962), que fracasou en 1964. Un novo golpe de estado prooccidental mantívoo como primeiro ministro e, despois de facerse co poder o Pathet Lao (1975), exerceu como conselleiro do novo goberno comunista.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Louangphrabang -
Deceso
Lugar : Vientiane