Suzdal’
Suzdal’
Cidade da oblast’ de Vladimir, Rusia, situada á beira do río Kamenka (25.000 h [estim 1980]). Cidade importante na formación do estado ruso, ata 1238 foi a capital do principado de Suzdal’-Rostov, e durante o s XIV pasou a asociarse con Niznij-Novgorod. Durante o s XV foi absorbida por Moscova. Do seu patrimonio cultural destaca a Rozdestvenskij Sobor, o mosteiro de Spaso-Jefimjev (1352) e a igrexa Jur’ev-Polskij.