Salvador de Horta, san

Salvador de Horta, san

Leigo franciscano. Pasou a maior parte da súa vida no convento de Horta (Tarragona). Realizou curacións milagrosas e austeras penitencias e exerceu sempre os máis humildes oficios, como porteiro ou cociñeiro. En Barcelona foi procesado pola inquisición polos seus milagres (1560), sen que o puidesen castigar. A súa iconografía represéntao cun hábito pardo (leigo franciscano) e porta como atributo persoal un aspersorio co que sanaba. A súa festividade celébrase o 18 de marzo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santa Coloma de Farners, Girona

  • Deceso

    Lugar : Cagliari