San Antonio

San Antonio

Cidade do estado de Texas, EE UU, situada na beira do río homónimo, a 240 km da fronteira con México (1.144.646 h [2000]). Cidade de función militar, comercial e industrial, ten fundicións, construcións mecánicas e industria editorial, da confección e alimentaria. Boa parte da poboación é bilingüe inglés-castelán.