Santorini

Santorini

Illa grega do Mar Exeo, a máis meridional das Cícladas (75 km2; 7.750 h [estim 1982]). Coas illas menores Thirasia, Apronisi, Pelea e Nea Kaimeni, constitúe a cova dun antigo cráter volcánico. O centro máis importante é Thēra, situada no cumio dunha das altas paredes que caen verticalmente sobre o mar. A poboación vive do turismo e da exportación de viño. Desenvolvida polos romanos foi, máis tarde, sede episcopal e pertenceu aos bizantinos, aos venecianos e ao ducado de Naxos. Ocupada polos turcos (1537), volveu novamente a Grecia na época da independencia.