Sebastián, san
Sebastián, san
Mártir. Noméase na Depositio Martyrum (calendario romano do 354), que sinala tamén o lugar do sepulcro ad catacumbus (catacumbas de San Sebastián). Unha lenda do s V faino militar e atribúelle diversos martirios, sobre todo o de ser aseteado. A partir da peste do 680 é considerado protector, xunto con san Roque, contra a peste. Represéntase como un mozo imberbe, espido, só cuberto cun pano de pureza, coas mans atadas ao tronco dunha árbore e ofrecedo o seu torso ás setas dos seus verdugos, as cales son o seu atributo persoal; ás veces viste armadura de mallas ou traxe militar dos romanos. A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Roma