Segura

Segura

Río do SL da Península Ibérica, que desemboca directamente no Mediterráneo. Nace en Jaén, a uns 1.700 m de altitude, no Parque Natural Sierra de Cazorla, Segura y las Villas, en Santiago-Pontones, e chega a Guardamar del Segura despois de atravesar Murcia e Alacant. Ten unha lonxitude de 341 km e unha conca de 16.079 km. A súa cabeceira remata na gorxa de Cieza, e a partir de aquí, en Ricote, o río circula por un val máis amplo que desemboca na chaira de Murcia, de onde chega a Oriola e, de alí, ao Mediterráneo. A cabeceira recibe as precipitacións invernais, de orixe atlántica. O seu caudal utilízase para o rego das hortas de Murcia e de Oriola. Os principais afluentes son o Mundo, o Guadalentín e o Reguerón.