Serafina, santa
Serafina, santa
Virxe e eremita. De orixe hispana, foi bautizada polo apóstolo Santiago. Viviu nunha cova en Mozón. Viste túnica esfarrapada e porta a cruz e o cranio como penintente, e na fronte leva unha coroa de espiñas, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 29 de xullo.