Sexismundo, san

Sexismundo, san

Rei de Borgoña. Sendo ariano converteuse á ortodoxia cristiá, feito polo que os seus súbditos o destronaron. Nos últimos anos levou vida de penitencia e meditación, arrepentido por lle dar morte ao seu fillo, cando se rebelara contra el. En 524 foi asasinado por Clodomiro. A súa festividade celébrase o 1 de maio.