sidra

sidra

(< lat sicĕra < hebršēkāt ‘bebida embriagadora’)

  1. s f [ALIM]

    Bebida alcohólica que resulta da fermentación total ou parcial do mosto de mazá, o que se obtén por trituración, prensado e difusión ou centrifugación, e posterior sulfitado e clarificado con bentonita ou pectase. O seu contido alcohólico é do 5-6%, e o de azucre é do 0,7-2%.

  2. sidra achampañada [ALIM]

    Sidra natural embotellada, que ten azucre e dióxido de carbono incorporados.

  3. sidra doce [ALIM]

    Mestura de sidra natural e anacos de mazá ou mosto de mazá, ou ambas as dúas, con azucre.

  4. sidra escumosa [ALIM]

    Sidra á que se lle engade azucre ou xarope, e que produce dióxido de carbono por fermentación na botella ou nun recipiente pechado.

  5. sidra gasificada [ALIM]

    Sidra que está envasada con dióxido de carbono.

Refráns

  • O viño das peras non o tires nin o bebas, nin ao teu amigo o deas.
  • Viño de peras non o bebas nin o deas a quen ben queiras.

Palabras veciñas

sido | Sidón | Sidonio Apolinar, san | sidra | Sidre | Sidro | Sidro, san