Sidro, san
Sidro, san
Labrego. Coñecido como o Labrador, nunca deixaba de facer os seus rezos e cando paraba para facelos acudían os anxos para continuar o traballo. Casado con santa María da Cabeza, atribúenselle diversos milagres. É patrón dos labregos e de Madrid. Foi canonizado por Gregorio XV en 1622. Represéntase con traxe tradicional dos labregos, con chaqueta e calzón curto; leva un arado tirado por bois ou vacas en actitude de oración. A súa festividade celébrase o 15 de maio.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso