Simón, san

Simón, san

(? s I a C - s I d C) Apóstolo. Coñecido tamén como Cananeo ou Celote. Venérase xunto con san Xudas Tadeu a quen acompañou, segundo a tradición, a levarlle unha carta e unha imaxe de Xesús ao Rei Abgar V de Edesa. Discutiron cos magos persas de relixión e, por atacar os seus ídolos, foron degolados. En Galicia considerouse avogoso do raio, da faísca e das treboadas. Iconograficamente represéntase cunha serra e co libro, por ser apóstolo; moitas veces, acompañado por san Xudas Tadeu. A súa festividade celébrase o 28 de outubro.