Simón, san o Estilita ou o Vello
Simón, san o Estilita ou o Vello
Asceta sirio. Anacoreta nun convento abandonado de Antioquía e finalmente viviu durante corenta anos sobre unha columna, da que lle veu o sobrenome, e na que non se podía sentar nin deitarse. Con sona de taumaturgo, exerceu unha considerable influencia na causa da ortodoxia de Calcedonia. Representouse como un vello demacrado, esfarrapado e colocado de pé sobre o capitel dunha columna. A súa festividade celébrase o 5 de xaneiro para os latinos e o 2 de setembro para os orientais.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sis, Cilicia