Sisto V

Sisto V

Papa (1585-1590). De nome Felice Peretti, foi inquisidor en Venecia (1557), bispo de Sant’Agata dei Goti (1566) e de Fermo (1571-1577). Aplicou a reforma tridentina que reestruturaba a curia romana (1588) e fixou en setenta os membros do colexio cardinalicio. Preocupouse polos problemas urbanos de Roma; de feito, un dos acuedutos que fornecen de auga a cidade leva o seu nome (Acqua Felice).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Grottammare, Ancona

  • Deceso

    Lugar : Roma