Sumario de indulxencias aos doadores para a Catedral de Ourense de 1503
Sumario de indulxencias aos doadores para a Catedral de Ourense de 1503
[PUBLIC]
Incunable editado en Ourense ou en Salamanca por Juan Gherlinc en 1503. Os continuos movementos deste impresor itinerante, que tivo obradoiros en Monterrei, Braga, Salamanca e Ourense, fan moi difícil establecer o lugar exacto de edición desta obra elaborada en folla voante a catro columnas e con tipos góticos. Consérvanse tres exemplares no Arquivo Capitular de Ourense.