Tabares
Tabares
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, unha estrela de goles, de oito raios. Outro trae, en campo de ouro, cinco estrelas de goles, de seis raios. Outro, en campo de ouro, cinco estrelas de seis puntas, de goles; bordo de prata, cargado de catro chaves de azul, colocadas unha en xefe, outra en punta, e unha en cada flanco, que alternan con catro rosas heráldicas de goles, unha en cada cantón. Outro, en campo de ouro, cinco estrelas de goles, de seis raios, colocadas en aspa, acompañadas de catro chaves de azul colocadas que alternan coas estrelas, unha en xefe, outra na punta e unha en cada flanco.