Taboada, Santiago de
Taboada, Santiago de
Igrexa parroquial situada en Silleda. Construíuse en estilo románico sobre unha necrópole anterior. Pertenceu ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Ten planta de nave única e cabeceira rectangular, que no exterior presenta un aspecto macizo amodo de torre. Destaca a fachada principal cunha portada de dobre arquivolta tórica que se apoian en columnas acobadeladas. No tímpano está esculpida a figura dun cabaleiro montado sobre un animal ao que domina. Remata nun campanario de dous vans cunha balconada.