taborita
taborita
(< topónimo Tabor)
-
adx
Relativo ou pertencente aos taboritas.
-
s
[HIST]
Seguidor da á radical husita, organizada por Jan Zižka na praza forte de Tabor (Bohemia) en 1420. Baixo a guía do seu sucesor Procopio o Rapad, en 1424 asediaron Nuremberg e obrigaron a Federico de Hohenzollern a asinar o Tratado de Heheimstein (1429-1430). En 1434 foron derrotados en Lipant, preto de Cesky Brod.