tabú
(
-
s
m
-
Prohibición máxica dun ámbito cultural determinado que designa todo aquilo que non pertence ao seu uso cotián e que está considerado sagrado.
-
Prohibición convencional que se basea en prexuízos ou conveniencias sociais.
-
Cousa sobre a que recae esa prohibición.
-
-
s
m
[PSIC]
Sentimento propio dun neurótico obsesivo, indicador dun conflito intrapsíquico entre intensos desexos inconscientes e a prohibición de levalos á práctica. O termo foi introducido por S. Freud na súa obra Totem und Tabu (1913), a partir das interpretacións individualistas do totemismo.
-
adx
-
Que ten carácter sagrado e está sometido a prohibición.
-
Que está prohibido por prexuízos sociais. OBS: Como adxectivo é invariable no xénero e vai posposto ao substantivo.
-
-
palabra tabú
[LING]
Palabra que, por motivos sociais ou culturais, o falante ou unha comunidade evita usar, polo que debe recorrer ao emprego de perífrases, metáforas ou á deformación dun vocábulo propio.