Tabuyo Romero, Domingo

Tabuyo Romero, Domingo

Escritor e político. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversos xornais e na Revista de Estudios Sociais do Barbanza. Membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE, é deputado no Congreso desde 2004. Da súa obra, caracterizada pola presenza de elementos da vida cotiá e do léxico doméstico, destacan Manual de urxencias e retornos (1993), Balsaín blues (1998, Premio Cidade de Ourense), A luz secreta (2002) e a novela Carmín (2002). É membro da AELG e do PEN Club de Galicia.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra