Tácito, Cornelio

Tácito, Cornelio

Historiador latino. De orixe ecuestre, seguiu a carreira política despois dos estudos obrigados de oratoria e leis. Foi senador, rodeado xa dunha notable sona de orador en 78. Foi pretor (88), cónsul (97) e procónsul en Asia Menor (112-113). A súa obra mostra o paso da elocuencia á historia. Escribiu De oratibus (80?); Historias, unha crónica sen título, en 12 ou 14 libros, que abarca desde a morte de Nerón ata a de Domiciano (69-96) e da que se conservan os catro libros primeiros e unha parte do quinto; e Anais (115?), outra crónica, en 16 ou 18 libros, que abarca desde a morte de Augusto ata a de Nerón (14-68), da que se conservaron os primeiros libros e algúns fragmentos.