tagmémica

tagmémica

(< tagmema)

s f [LING]

Método de análise e descrición lingüística creado polo lingüista estadounidense K. L. Pike, baseado principalmente nos postulados teóricos de L. Bloomfield. Ten un carácter indutivo fundamental e deu un relevo singular ao proceso de descubrimento, que non é mecánico senón que contén elementos de intuición. Unha característica fundamental é a consideración de niveis no estudo da linguaxe, os que forman unha xerarquía.