Taibo Arias, Xoán Ignacio

Taibo Arias, Xoán Ignacio

Sociólogo e escritor, irmán de Carlos Taibo. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, é correspondente da revista Jane´s Defence Wecly e colaborador de diversas publicacións periódicas de Galicia. A súa obra busca un efecto de sorpresa no lector e algúns dos seus relatos teñen unha estrutura complexa. É autor de diversos relatos curtos e contos, cos que foi premiado en diversas edicións do Premio Modesto R. Figueiredo, como Os Inmortais (1975) e O Fotógrafo (1978, Premio Mesón do Labrego da Editorial Limbo). Do seu libro Calendario de Brétemas mañanceiras na miña praia atlántica (1981) foron traducidos algúns contos ao ruso. Traduciu a obra teatral Pedro Madruga, de M. Gato, e no ensaio destacan os seus libros Os partidos políticos en Galiza (1977), en colaboración con Manuel Rivas; e Vinicius de Morais (1984). Tamén é autor da colección de relatos Informe Bestiario (1991) e das novelas Homes de ningures (1978, Premio de la Crítica Española 1981), A semancia (1981), Doncos o pacífico (1987), A ponliña irlandesa (1997), Salvador de Occidente (1999) e Por tras dos meus ollos (1999).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid