taíno -na

taíno -na
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo taíno, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo taíno.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo extinguido das Antillas, da familia lingüística arauaca, que na época da conquista española habitaba, sometido aos caribes, no L de Puerto Rico, Haití, Cuba e Xamaica. Os seus integrantes vivían do cultivo da terra, da caza e da pesca, agrupados en grandes casas comunais (bohíos) e en barracas (caney).

  4. s m [LING]

    Lingua arauaca do phylum amerindio que falaba o pobo taíno.