Taipei 101

Taipei 101

Rañaceos situado en Taipei. Construíuse en 2004, acadando nese momento a máxima altura do mundo (508 metros e 101 alturas). Para estabilizar o edificio, creouse un sistema antibalanceo que consistiu en suspender con cables unha bola de 680 toneladas desde o piso 92, que se mexía na dirección oposta ao vento. Tamén se fixeron cortes nas esquinas da fachada do edificio, para diminuír o impacto do vento. Adícase a oficinas e tendas, principalmente.