T’aipei Thaipeh

T’aipei Thaipeh

Capital de Taiwán situada ao N da illa na ribeira dereita do río Tanshui (272 km2; 2.624.257 h [2000]). Fundada no s XVIII por un grupo de emigrantes chineses, comezou a expandirse en 1895, ao ser a capital dos xaponeses. A partir de 1949, cando se converteu na capital da China Nacionalista, experimentou unha grande expansión demográfica. Ten industria siderúrxica, do automóbil, mecánica, téxtil, electrónica e alimentaria.