Taizhou

Taizhou

Cidade do sheng de Jiangsu, China, localizada na rexión do Leste (152.442 h [1990]). Está situada a 50 km ao L de Yangzhou, no canal Dong-yang, que a enlaza coa área litoral de Jiangsu. Na década de 1950 foi construído outro canal para enlazala directamente co Iang-Tsé.