Tajo
Río da Península Ibérica da vertente atlántica, o máis longo da Península Ibérica e o máis importante xeopoliticamente. Demóstrao o establecemento nas súas ribeiras de dúas capitais estatais como Toledo e Lisboa, a proximidade de Madrid, e a división en dúas unidades físico-xeográficas da Península Ibérica. Nace na serra de Albarracín (Teruel) e flúe con dirección O ao longo de 1.008 km ata a súa desembocadura. Desde o seu nacemento percorre o Sistema Ibérico ata penetrar en La Meseta, atravesa Castela-A Mancha, Madrid e Extremadura. Durante 44 km fai fronteira con Portugal ata a localidade de Cedillo, onde xira o seu curso e penetra en Estremadura, territorio portugués, para iniciar o seu tramo final cara ao Mar da Palha, grande albufeira drenada polo esteiro de Lisboa. Construíronse numerosas presas, encoros e centrais hidroeléctricas ao longo do seu curso para explotar o seu potencial hidroeléctrico e regular o caudal. As súas aguas contribúen ao rego de amplas zonas do SL peninsular grazas ao trasvasamento Tajo-Segura. Pola dereita, os principais afluentes son o Jarama, o Guadarrama, o Alberche e o Alagón; mentres que pola esquerda tan só destacan o Guadiela e o Saloar. A súa conca abrangue aproximadamente 80.000 km2.