Talavera, Hernando de
Talavera, Hernando de
Prelado. Xudeu converso, ingresou nos xerónimos en 1466 e foi prior de Valladolid entre 1470 e 1485. Bispo de Ávila (1485-1493) e confesor de Isabel I, coñeceu a C. Colón, a quen axudou economicamente. Conquistada Granada en 1492, foi o seu primeiro arcebispo (1493-1507). O cardeal Cisneros opúxose á súa política de asimilación pacífica dos musulmáns e en 1507 a Inquisición acusouno de xudaizante. Fundou un colexio episcopal do que xurdiron un bo número de bispos reformadores.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Talavera de la Reina -
Deceso
Lugar : Granada